Neurotoxicidade

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A neurotoxicidade é un termo que fai referencia a determinadas alteracións funcionais, estruturais e bioquímicas no sistema nervioso, que provocan diferentes efectos adversos como consecuencia dunha exposición a unha substancia química. Estes xeran unha alteración do sistema nervioso, que pode ser de distinta natureza e que pode ser transitoria ou permanente.[1]

Os axentes neurotóxicos son responsábeis do efecto adverso pola súa interacción directa co sistema nervioso.[1] Existe un gran número de substancias neurotóxicas como pesticidas, radiación ionizante, tabaco, alcohol, cocaína… Os diferentes tipos de células cerebrais teñen diferente sensibilidade ós distintos axentes ambientais, dependendo da etapa particular de exposición e a duración da mesma. O diferente grao de afectación relaciónase coa distribución do tóxico polas distintas partes do sistema nervioso, a concentración da substancia en dito tecido cerebral e a capacidade de interferir co desenvolvemento dos procesos específicos.[2]

Por outra banda, a sintomatoloxía que se amosa vai variar dependendo de se a exposición é aguda ou crónica.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Leandro Regidor Braojos, Xavier Solans Lampurlanés. NTP : 487 : NEUROTOXICIDAD : AGENTES NEUROTÓXICOS. Insituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo. Dispoñible en: http://www.insht.es/InshtWeb/Contenidos/Documentacion/FichasTecnicas/NTP/Ficheros/401a500/ntp_487.pdf Arquivado 28 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
  2. A. A. González Garrido, Julieta Ramos Loyo. La atención y sus alteraciones: el cerebro y la conducta. Universidad Nacional Autónoma de México, 2006

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search